A Xunta fai públicas as axudas á produción audiovisual do ano 2004, que suman 3,62 millóns de euros

Os cartos das nosas imaxes

14/7/2004 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Setenta e seis proxectos audiovisuais beneficiaranse das axudas á produción audiovisual que fixo públicas onte a Consellaría de Cultura, Comunicación Social e Turismo. Como novidades, no listado de axudas aparece unha adaptación do libro "Diario dun Skin" que anuncia Filmanova ou a serie de curtas de ficción "No país de Nunca Máis" de Producións do País de Nunca Máis. Entre as axudas concedidas destacan varios proxectos de animación, coma "Gisaku" e o "Don Quíxote" que prepara Filmax ou o "Asno de Ouro" de Dygra, onda producións interactivas coma "Ventura na Illa de Hypnos" de Grándola Nova ou "O templo online" de Interacción.

Descarga aquí  a listaxe de axudas en formato pdf; máis información en Cine por la Red

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Animación, Turismo, Ouro...