Pérez Varela anuncia un incremento de axudas para o audiovisual galego do 13%

Animando o 2004

26/2/2004 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: espectaculos
2 lecturas | Compartido 0 veces

Este será o ano das producións en animación. É o obxectivo marcado pola Xunta de Galicia, que convocou onte unha rolda de prensa para dar a coñecer a situación do sector. Fílmax, que acaba de constituír a división de animación “Filmax animation”, falou dos seus proxectos en curso (Pinoccio, Donkey e Nocturna). Pola súa parte, Dygra, que onte fixo público o seu novo proxecto “O asno de ouro”, pretende consolidar o seu camiño coa segunda parte de “O bosque animado” e “O soño dunha noite de San Xoán”. O apoio institucional pasa polo anuncio de tres citas relevantes para o mundo da animación: o Cartoon Future (23-25 de abril), Mundos dixitais (5-9 de xullo) e o Cartoon Forum (22-25 de setembro). Pérez Varela tamén anunciou un incremento do 13% nas axudas ao sector audiovisual e mencionou que este ano hai 123 proxectos presentados e 128 máis en estudo.


Máis información en La Voz de Galicia e El Correo Gallego


Universo culturagalega.gal