“O labirinto dos soños” e "Pinocho 3000" producións galegas no Forum Galicia 2004

Foro animado

Desde o mércores até o venres Santiago acollerá no Fórum Galicia 2004. Un evento que reunirá a 800 profesionais da animación de todo o mundo e no que mediante proxeccións, grupos de debate e negociacións coas televisións acordaranse mercas, acordos de distribución, edicións e merchandising. E neste mercado do audiovisual haberá dúas producións galegas, “O labirinto dos soños” da produtora Grándola Nova e "Pinocho 3000" de Filmax Animation. Este encontro está organizado e financiado polo programa europeo Cartoon, coa colaboración da Xunta de Galicia, que incluíu esta cita dentro da programación especial do Xacobeo.


Máis información no web da Asociación Europea de Animación (en inglés)