Dygra achega até Vigo unha exposición sobre a súa película "O soño dunha noite de San Xoán"

Unha visita a Oniria

23/6/2004 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
A produtora coruñesa Dygra Films aproveita a celebración do día de San Xoán para inagurar en Vigo a exposición sobre  "O soño dunha noite de San Xoán", a súa segunda longametraxe de animación. A mostra abriu as súas portas para descrubir Oniria, unha civilización de trasnos, fadas e humanos que recrea a adaptación que o equipo de Dygra fai do clásico de Shakespeare. A exposición tamén dá a coñecer o proceso de traballo dunha película de animación e as personaxes protagonistas. A mostra comeza en Vigo, pero logo visitará unha decena de cidades españolas e portuguesas.

Máis información sobre a exposición en  Galicia Hoxe  e sobre a película e a productora Dygra en AVG

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Dygra, San Xoán, Vigo, AVG...

Claves

Protagonistas
Lugares