"Cifras e letras" dedícalle un programa a Miguelanxo Prado, que adianta que haberá unha versión e libro ilustrado de "De Profundis

Cifras, letras e cadriños

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
A obra de Miguelanxo Prado será un dos temas do día sobre os que terán que responder os concursantes do programa 115 de "Cifras e letras". Neste concurso que emite a TVG, os presentadores achegarán datos sobre o traballo do noso autor máis internacional, a tratar temas coma a súa formación de arquitecto, a participación do autor en Viñetas desde o Atlántico ou o seu último proxecto, o filme "De profundis". Precisamente Prado adianta que este seu proxecto contará cunha edición en formato libro ilustrado. "Será unha versión baseada nos cadros, nos deseños de produción e nas imaxes que estou a crear para historia", explica o autor. "será coma unha versión escrita, en clave máis poética, da mesma historia muda do filme, con moitísimas imaxes e referencias que no filme non teñen por que ser evidentes". O libro incorporará un DVD co filme sen os contidos adicionais que se poderán ver na edición en caixa.

Máis información no web da CRTVG sobre o programa e nos nosos arquivos sobre Miguelanxo Prado

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Miguelanxo Prado, CRTVG, DVD, Viñetas desde o Atlántico...