Miguelanxo Prado adianta no Encontro Dixital de “La Voz de Galicia” o seu retorno á BD para 2008

Ciber Prado

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
O Encontro Dixital que Miguelanxo Prado mantivo cos lectores de “La Voz de Galicia” achegou abondosa información sobre os proxectos do máis internacional dos autores galegos de BD. Ademais de afondar no proceso do filme “De Profundis”, no que está a traballar actualmente, o autor anunciou a posta en marcha dunha exposición de pinturas relacionadas co filme. Prado adiantou tamén que ten moi avanzado o proxecto do seu vindeiro álbum, que prevé comezar a debuxar en 2007 para que poida ver a luz no ano seguinte, e asegurou que ten unha serie de textos que poderían ver a luz en forma literaria. O Xabarín Club, a situación da BD en Galicia, a figura de Xaquín Marín ou “A casa dos Pampín” foron outras das cuestións que se trataron no encontro.

O texto do encontro en La Voz de Galicia; máis información na nosa ficha de Prado

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con La Voz de Galicia, Miguelanxo Prado, Xaquín Marín, Xaquín Marín...