As rúas de Santiago acollerán os xoves a proxección de curtametraxes dentro do programa “Curtocircuíto na rúa”

A rúa cúrtase

O xoves 20 de xullo comeza en Santiago “Curtocircuíto na rúa”. Trátase dunha das seccións do programa “Curtocircuíto” que leva ás prazas da capital de Galicia curtametraxes producidas no país, no Estado e as gañadoras da edición anterior. Este ano, o programa de proxección complétase con concertos a cargo de DJ de diferentes estilos musicais.

Máis información no web de Curtocircuito