A USC inclúe na súa oferta de Posgrao por terceiro ano consecutivo o Máster en Edición

Mestres editores

A Universidade de Santiago ven de presentar o IIIº Máster en Edición, dirixido pola catedrática Mercedes Brea e o subdirector xeral de Promoción Cultural, Xavier Senín. A inclusión das ensinanzas sobre produción editorial no eido universitario persegue achegar unha formación completa sobre o sector da publicación e da produción editorial e nel participan profesionais que abranguen todas as áreas do proceso de edición. Como novidade para este curso preséntase un programa con máis especialización nos eidos do deseño, edición dixital e multimedia. No seo deste mestrado de dous anos de duración, composto por oito módulos teórico-prácticos, ofértase tamén un Curso de Especialización en Edición de catro módulos, que dura só un ano académico. Como xa ocorreu nos anteriores cursos, os alumnos completan a súa formación con prácticas nas empresas editoriais.

Máis información no Máster de Edición