A Universidade da Coruña promove o primeiro Mestrado Europeo de Estudos Teatrais

Teatro con grao

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
O 2006 é un bo ano para os que queren iniciarse no mundo da arte dramática. Foi o curso no que botou a andar a Escola Superior de Arte Dramática en Vigo e no que ten lugar a quinta edición do Posgrao “Curso de Especialización en Arte Dramática” da Universidade de Santiago. A oferta pódese ampliar máis, xa que a Universidade da Coruña promove o primeiro mestrado europeo de Estudos Teatrais. Un programa no que participan catorce universidades e que pretende dar completar o compresión das artes escénicas. Para acceder a este mestrado cómpre ter unha licenciatura humanística ou unha diplomatura relacionada coas artes escénicas.

Máis información sobre o curso de posgrado no web da USC, na nosa hemeroteca sobre a Escola Superior de Arte Dramática e sobre o máster en La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
49 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con USC, Universidade da Coruña, Artes Escénicas, Escola Superior de Arte Dramática...