A Xunta anuncia que a Escola de Arte Dramática comezará a funcionar en Vigo no 2005

O drama de Vigo

8/10/2004 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Hai uns meses desvelouse que sería Vigo a cidade na que se situaría a Escola Superior de Arte Dramática. E a Xunta veuno a confirmar, anunciando ademais a súa entrada en funcionamento para o vindeiro curso académico 2005-2006. Un feito que suscitou o malestar do Concello de Santiago quen mantivo negociacións coa Consellaría de Educación durante moito tempo e mesmo chegou a ofrecer un emprazamento provisional. Os estudos de Arte Dramática constan de catro cursos académicos coas especialidades de dirección de escena e dramaturxia, escenografía e interpretación.

Máis información en La Voz de Galicia e sobre toda a polémica do emprazamento do centro na nosa hemeroteca

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vigo, Educación, Consellaría de Educación, Escola Superior de Arte Dramática...