O Verbum programa actividades entorno a Martin Códax con presentación de audiovisuais e música

Verbo de Martín Códax

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Co pano de fondo das cantigas do trobador Martín Códax o Verbum prepara un programa de actividades de máis dun mes de duración. O programa comezará o 20 de xuño cunha conferencia de Xesús Alonso Montero. Este mesmo día estrearase a vídeo instalación "Cantigas na ría". O día 27 de xuño presentarase o documental "Sete cantigas, sete mulleres" onde podemos ver a Marta Larralde, Chus Lago, Susana Fortes, Toñi Vicente, Uxía Blanco, Yolanda Castaño e Silvia Superstar, paseando pola cidade de Vigo, e declamando as cantigas do trobador, apoiadas na música do grupo vigués ISGA Collective que pechará o programa o 26 de xullo presentando o traballo, "A Redeira", no que se interpretan as cantigas de Martín Códax.

Máis información no Xornal do Concello de Vigo

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Verbum, Xesús Alonso Montero, Yolanda Castaño, Documental...

Claves

Conceptos
Lugares