Martín Códax repénsase na música contemporánea

O Consello da Cultura Galega publica na rede novas partituras escritas por compositores actuais

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Martín Códax repénsase na música contemporánea

Catro compositores galegos actuais deron unha nova lectura da música que acompaña os poemas de Martín Códax no coñecido Pergameo Vindel. Na véspera da celebración do Día das Artes, celebración impulsada pola Real Academia Galega de Belas Artes, o Consello sumouse á festa convidando, coa axuda da Asociación Galega de Compositores, a catro compositores actuais a versionaren estas vellas músicas medievais. A partir da elección, o Consello da Cultura Galega e a Asociación Galega de Compositores traballaron man a man nun proxecto que permite pór á disposición da cidadanía unha publicación (xa dispoñible para descarga) que contén catro partituras encargadas en versión para voz e piano sobre as sete cantigas de amigo. “Esta publicación, en primeiro lugar, contribúe a homenaxear o trobador Martín Códax, proposto pola Real Academia de Belas Artes; en segundo lugar, axuda a tomar conciencia da importancia das cantigas de amigo; en terceiro lugar, permite pór o foco na capacidade de renovación e proxección da súa música para compositores, intérpretes e oíntes, e, por último, xera e enriquece o patrimonio con catro versións que quedan á disposición de intérpretes e da cidadanía” apuntou Alejo Amoedo na presentación.

Que che parece esta nova?
71 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Consello da Cultura Galega, Belas Artes, Asociación Galega de Compositores, Alejo Amoedo...