O Consello da Cultura conmemora os XXV anos da Asociación Galega de Compositores

A entidade presenta esta tarde a obra Dezaseis cancións para voz e piano

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

A sede do Consello da Cultura Galega en Compostela acolle ás cinco desta tarde a presentacón de Dezaseis cancións para voz e piano. XXV anos da Asociación Galega de Compositores, co que se conmemora o aniversario deste colectivo. No acto Carlos Villar-Taboada falará sobre A Asociación Galega de Compositores e a Música Contemporánea en Galicia (1987-2012).

A partir das 18:15 horas celebrarase unha mesa redonda coa participación de Miguel Anxo Fernán-Vello, Margarita Viso, presidenta da Asociación Galega de Compositores, o propio Carlos Villar-Taboada e Maximino Zumalave, coordinador da Sección de Música e Artes Escénicas do Consello da Cultura. Un recital do pianista Antonio Queija Uz pechará o acto.

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Asociación Galega de Compositores, Consello da Cultura Galega, Maximino Zumalave, Artes Escénicas...