Até o vindeiro tres de outubro, os domingos do museo de Belas Artes da Coruña están dedicados á música galega. Máis exactamente ás composicións feitas aquí e que habitualmente non entran no repertorio das grandes formacións orquestrais. Son os ciclos de concertos que desde hai doce anos promove a Asociación Galega de Compositores.
Viso, Vara, Duran e do acabado de falecer Manuel Balboa, Montero, Vázquez Casas, Sóutelo e Cambeiro son os autores das obras programadas dentro do XII ciclo de Concertos que a Asociación Galega de Compositores programou para este mes de setembro no museo de Belas Artes da Coruña. Un ciclo que se converte nunha das actividades máis visíbeis da asociación, que desenvolve un traballo de promoción dos compositores que a integran e que teñen nesta fórmula unha opción de chegar ao gran público.
As actividades
Nos estatutos da asociación figura "divulgar e promover a creación musical dos compositores membros da Asociación" e por iso iniciaron un proceso de colaboración a múltiples bandas. Por un lado e conxuntamente con outras entidades organizaron as "Xornadas de Música Contemporánea" (que tiveron catro edicións: 1989, 1990, 1992 e 1996) nas que programaron obras de diferentes membros da asociación. Por outro lado, abriron sendas liñas de colaboración coa Orquestra Sinfónica de Galicia e coa Real Filharmonía que daría pé á aparición de obras de López García-Picos, Balboa, de Paz, Pereiro, Vara, Duran, Vila e Alonso no repertorio desas formacións.
Pero, sen dúbida, o punto forte das actividades que desenvolve é a organización dos seus propios ciclos de concertos xa que, segundo figura no seu web "constitúen a principal tribuna da música contemporánea que hoxe por hoxe ten lugar en Galicia". Coa celebración desta edición levan doce anos ininterrompidos organizando unha actividade que se rexe polos mesmos parámetros: tres ou catro concertos no Museo de belas Arte, a inclusión dos músicos da propia asociación, e que se completan os programas con outras obras do repertorio dos séculos XX e XXI onde os compositores galegos como Adalid, Gaos ou Rodríguez-Losada teñen un lugar de especial importancia.
A asociación
Hai dezasete anos, un grupo de mozos que estudaban harmonía, análise e contrapunto de Roxelio Groba no Conservatorio da Coruña decidiron aliarse para que as obras que compoñían non caeran en saco roto. Daquela unión naceu a Asociación Galega de Compositores que tiña como principal promotor a Carlos López García-Picos. Un músico que chegaba do seu exilio en Arxentina, onde formara parte da Asociación Arxentina de Compositores, e que quixo achegar a Galicia un modelo de organización que xa se daba noutras zonas (a Asociación Catalá de Compositores e a Asociación de Compositores Sinfónicos Españois).
A asociación foi o resultado dunha serie de encontros no que conxugaron as diferentes opcións estéticas e de linguaxe musical de cada un dos membros. Un dos primeiros puntos de encontro definitivos para montar a asociación fraguáronse no "I Curso de Música Electrónica" do Conservatorio da Coruña (1975) e no "I Seminario de Interpretación e Información sobre a Música Hispanoamericana". Todo un xermolo compositivo que agromaría en 1985, cando se celebraron os primeiros concertos públicos desta xeración de compositores. Unhas citas que se desenvolveron entre maio de 1985 e febreiro de 1986 e que incluían obras de Berdullas del Río (hoxe presidente da Asociación), Durán, Mosqueira e Pereiro.
A asociación no panorama musical
Coa Asociación Galega de Compositores xa van dúas as asociacións que se dedican á recuperación e á programación da música de autores galegos contemporáneos. A Orquestra de Cámara Galega, unha formación nacida no 1995, desenvolve un traballo paralelo porque no seu repertorio sempre figura un compositor galego (ben histórico, ben contemporáneo), aínda que como formación musical a filosofía de traballo é diferente á da asociación. En todo caso, o traballo continuado destas agrupacións permite que as obras dos compositores galegos poidan chegar ao público.