A Fundación Seoane acolle o vindeiro mes de xullo un taller de banda deseñada experimental

Experimentar BD na Seoane

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
"Comic live!" é o titulo do obradoiro que acollerá a fundación coruñesa Luís Seoane oa vindeiros días vinte e seis e vinte e sete de xullo. Impartido polo catalán Francesc Ruíz, a actividade pretende investigar arredor de nocións coma o tempo real, a demora e o traballo 24 horas a partir da narración gráfica, e inclúe unha serie de exercicios arredor destas cuestións. O prezo da matrícula é de 120 euros. Por outra banda, entre os días cinco e sete do mesmo mes, o centro acollerá un encontro encol da relación entre a palabra e a imaxe, con conferencias, performances e mesas de debate. Os dous eventos celébranse dentro dos cursos da Universidade Internacional Menéndez Pelayo (UIMP) para o verán.

Máis información na ficha da actividade no web da UIMP e no web da Fundación

Que che parece esta nova?
81 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Banda deseñada, Fundación Seoane, Luís Seoane, Universidade Internacional Menéndez Pelayo...