O Centro Galego de Arte Contemporánea incorpora a banda deseñada á súa oferta de obradoiros

BDCGAC

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Entre os días catro e sete de xullo, o Centro Galego de Arte Contemporánea achegarase á banda deseñada. O debuxante Kiko da Silva será o encargado de impartir un obradoiro que permitirá iniciarse na arte secuencial a nenos e nenas de entre nove e once anos. Deste xeito,o centro incorpora a novena arte á súa oferta de cursos para o verán, A inscrición está aberta desde o vinte e seis de xuño. Canda ao CGAC, tamén a Fundación Seoane, na Coruña, ofertaba un curso sobre novena arte este verán e o Museo de Arte Contemporánea de Vigo incluía esta proposta na súa programación da pasada primavera.

Máis información no ABC e nos nosos arquivos sobre o taller da Seoane; sobre os obradoiros do MARCO

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Obradoiro, Banda deseñada, Culturagalega, Kiko da Silva...