Un informe destaca que 2.700 empresas do audiovisual xeran 21.000 empregos

A cultura, o informe e Caixanova

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Empresas de medios de comunicación, editoriais, produtoras, distribuidoras de cine e vídeo, compañías de artes escénicas ou provedoras de servizos foron obxecto dunha análise por parte dun grupo de traballo do Instituto de Desenvolvemento Caixanova. O seu resultado é un informe de 200 páxinas que destaca que o sector da cultura, información e audiovisual emprega a 2.700 empresas e xera 21.000 empregos (directos e indirectos). No informe faise unha análise das debilidades, fortalezas, ameazas e oportunidades do sector e trázanse os eixes estratéxicos nesta cadea. Entre eles está a priorización da cooperación empresarial, unha maior cualificación do capital humano e mellorar no desenvolvemento e captación de mercados, así como na innovación e desenvolvemento tecnolóxico.

Consulta o informe na nosa biblioteca

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Caixanova, Medios de comunicación, Artes Escénicas, Cine...