As conclusións do 'Informe do sector cultural no Concello de Pontevedra' que o grupo de investigación G4+. Desenvolvemento Estratéxico: Organizacións e Territorios desenvolveu para a ConcellarÃa de Cultura deitan como resultado que a cultura é o sector que máis emprego xera na cidade de Pontevedra e na súa área de influencia no sector privado.
O documento sinala a existencia de 80 empresas, 61 delas no municipio, cunha facturación de preto de 157 millóns de euros e un “valor engadido” doutros 40, que contan con 765 empregados e empregadas. O sector xera, segundo este informe, ata 2.175 postos de traballo, a meirande parte deles (1.410) en réxime de autónomo. O profesor da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación Pedro Figueroa, director deste grupo de investigación, presentou xunto coa concelleira de Cultura, Carme Fouces, un documento que tiña como obxectivo compilar e analizar información sobre os ecosistemas do sector cultural no concello e o seu impacto económico, laboral e social". O informe achega tamén información sobre o uso do galego, o Camiño Portugués e os hábitos de compras culturais, asà como sobre a formación.
A análise abrangue os "subsectores" da creación, produción, fabricación e distribución e difusión de bens e servizos culturais. No caso das empresas, este último representa a maior porcentaxe de facturación, máis de 100 millóns de euros. Segundo os datos recollidos, Pablo Méndez CompañÃa de Performance é a empresa con maior volume de negocio no ámbito da creación artÃstica e cultural, mentres que Bambú é a empresa que máis factura na área da produción, Gráficas Anduriña na de fabricación e Arnoia na de distribución e difusión. Asemade, o documento recolle datos do patrimonio cultural da cidade, arquivos e bibliotecas e infraestruturas asà como dos eventos culturais de programación anual en Pontevedra, considerados como actividade permanente e que suman case 350 actividades. No relativo aos espazos para a cultura recoñece 72 infraestruturas, con 381 espazos, que sumarÃan no seu conxunto un aforo de máis de 38.000 persoas.