A Asociación Galega de Editores entra en crise coa demisión de catro directivos

División editorial

| Santiago.Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A Asociación Galega de Editores (AGE) atópase sumida nunha grave crise que podería ameazar a súa propia existencia logo de que o pasado luns demitisen catro dos seus directivos no transcurso dunha asemblea extraordinaria. O acordo ó que chegaron varias empresas para a creación dun Consorcio Editor e o convenio da Xunta con varias editoras para a adquisición de fondos poderían ser os motivos da división na entidade.


Disolución

Segundo recolle hoxe "La Voz de Galicia", a AGE atópase nunha situación de división interna que, segundo a actual presidenta, Fabiola Sotelo, "pode levar á disolución da actual asociación" e á creación doutra na que non participarían as editoras con sede social fóra de Galicia. Sen embargo, esta posibilidade foi rexeitada por outro membro da actual xunta directiva.
A división na Asociación, que reúne representes de vintetres empresas editoras que desenvolven a súa actividade total ou parcialmente no país, chegou ó seu punto álxido o paso luns, cando, durante unha asemblea extraordinaria, presentaron a súa demisión coma membros da directiva os vocais José Luís Vázquez Montero, de Ediciós do Castro, e Irene Penas de Everest. Onda eles, tamén demitiu o representante de Rodeira e o secretario da asociación, Carlos del Pulgar, de Nova Galicia edicións.


Causas

SEgundo sinala "La Voz de Galicia" citando fontes da AGE, a creación do Consorcio Editorial entre Sotelo Blanco, Bahía Edicións e A Nosa Terra foi un dos tema que causou división no seo da asociación.
Outro punto que provocou malestar entre algúns dos membros foi o convenio que a Xunta de Galicia asinou hai dous meses con algunhas editoras para a comptra de fondos bibliográficos. Por se fose pouco, a propia Fabiola Sotelo, actual presidenta da asociación, recoñece que existen rivalidades para facerse coa presidencia, e a existencia de receos sobre a xestión da directiva provocan un agravamento da crise.
Para o vindeiro mes de decembro está previsto que se realice unha nova asemblea na que se deberá decidir sobre a continuidade da AGE.

Que che parece esta nova?
27 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Editores, Asociación Galega de Editores, AGE, La Voz de Galicia...