Entréganse os premios literarios Ánxel Casal, o Lois Peña Novo de Normalización e o Bello Piñeiro e o Piñeiro Pose de pintura

Casal, Novo e Piñeiros

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
O IX certame literario escolar Ánxel Casal, que convoca para toda Galicia o Concello de Santiago, entregou onte os seus galardóns. Alba Cid Fernández, Sara Martínez e mais Noelia Martínez Rey, foron as premiadas nas categorías de poesía, conto e teatro, respectivamente. Ao tempo, R, o comisario Lois García Mañá e os Xulgados de Lalín foron recoñecidos cos XII premios Lois Peña Novo que outorga a Fundación homónima ás iniciativas que favorecen o emprego do noso idioma na administración e na empresa. Finalmente, en Ferrol entregáronse o XVI premios de pintura Bello Piñeiro (de paisaxe) e Piñeiro Pose (para menores de dezaoito euros) que foron respectivamente para Fernanda Fernández e mais para Inés Fernández.

Máis información sobre o Ánxel Casal en El Correo Gallego; sobre o Peña Novo en La Voz de Galicia; sobre os premios de pintura en en Diario de Ferrol

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ánxel Casal, Ferrol, Alba Cid, Paisaxe...