Caixanova concede a Eugenio Fuentes e Miguel Anxo Murado os premios Julio Camba e Fernández del Riego

O Riego de Camba

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
“Os zapatos” (publicado no ABC) é o artigo co que o estremeño Eugenio Fuentes vén de gañar os doce mil euros cos que esta dotado o premio Julio Camba. Caixanova tamén entregou o outro dos premios que convoca, o Fernández del Riego que foi para o lucense Miguel Anxo Murado polo artigo “Chamadas perdidas” (publicado en La Voz de Galicia). Por último, o repaso polos premios remata co Concepción Arenal que concede o concello de Ferrol a traballos de investigación humanística. Os 12.000 euros do certame foron para o profesor Juan Luís Montero Fenollós que presentou unha proposta de reconstrucción da Torre de Babel.

Máis información sobre os premios que concede Caixanova en El Correo Gallego e sobre o Concepción Arenal no Diario de Ferrol

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Caixanova, Miguel Anxo Murado, Concepción Arenal, Torre...