A ConsellarÃa de Educación quere que o emprego do noso idioma nas aulas pase do actual trinta por cento a un cincuenta, segundo asegurou onte a directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, MarÃa Xosé Pérez Mariño, na Comisión de Educación do Parlamento. Ademais, o departamento axeitará a oferta de prazas de Formación Profesional á demanda existente, logo de que sete mil (un 20% do total) quedasen sen cubrir no último curso. Finalmente, a comisión analizou o proceso de implantación da gratuidade dos libros de texto no ensino público, no que se investirán case once millóns de euros no vindeiro curso.
Máis información en Galicia Hoxe sobre o galego na educación; sobre a oferta de FP