Política Lingüística contará con 20,5 millóns de euros mentres Educación incrementa un 9% os orzamentos para o vindeiro ano

O que custa saber e falar

| Santiago. Redacción | Seccións: Escolle sección
Compartir:
Arredor dun 4%, pouco máis do incremento do IPC, é o que medran os orzamentos da Xunta destinados á Normalización Lingüística, que serán este ano de 20,5 millóns de euros, tirados gastos de persoal. A educación e as novas tecnoloxías son os ámbitos de actuación prioritarios para este departamento, segundo asegurou onte a súa responsable, Marisol López, no Parlamento. A Mesa pola Normalización lingüística criticou que estes orzamentos son continuístas e non amosan un incremento na preocupación da Xunta polo idioma. Aínda que os considera suficientes para aplicar o Plan Xeral de Normalización, esta organización apunta que están mal distribuídos. Pola súa banda, a Consellaría de Educación presentou tamén onte os seus orzamentos, que serán de 1.983 millóns de euros, un 9,1% máis que no anterior exercicio. A gratuidade dos libros de texto, a converxencia cos estándares europeos de educación e a dinamización da Formación Profesional será nos eixes de actuación para 2006.

Máis información sobre os orzamentos para lingua en Galicia Hoxe, en Vieiros e no web da Mesa; sobre os orzamentos de Educación en La Opinión e no web da Xunta

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Educación, Normalización Lingüística, Vieiros, Política Lingüística...