A musica galega está estes dÃas en plena efervescencia xa que catro grupos diferentes están a piques de presentar os seus traballos. Un dos primeiros en facelo é o pianista de jazz Abe Rábade, que presentará o vindeiro domingo “Playing on light”, o seu terceiro traballo discográfico que mestura a poesÃa da súa irmá, MarÃa do Cebreiro, con fotografÃas de diferentes autores. Por outra banda, os pontevedreses “Quatro D abril” (antes Amigos de Blas) lanzarán ao mercado o vindeiro 13 de xuño o seu primeiro traballo, que se chama igual que o propio grupo. Polo demais, Los Limones presentan “Palabra” o oitavo disco da súa traxectoria discográfica e que conta coa colaboración de Antonio Vega. Por último, a consellarÃa de Cultura presenta este venres “Gaitas troncais”, o terceiro disco de Xavier Blanco e no que fai un repaso polos distintos tipos destes instrumentos ao longo da historia.
Máis información nos webs de Abe Rábade e no de Quatro D Abril; sobre Los Limones en Diario de Ferrol e sobre “Gaitas troncais” en Atlántico Diario