Os ferroláns Norfolk presentan no FIMO o seu novo disco “Cousas nosas”

Cousas de Norfolk

16/5/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
“Cousas nosas” é o segundo traballo discográfico desta banda que deu os seus primeiros pasos no certame A Mocidade coa Lingua organizado polo concello de Ferrol a finais do 90. O seu primeiro disco “Brillan astros”(2003) gravárono como consecuencia de ter sido finalista en 1999 do concurso Nordés Coruña. Durante o verán Norfolk presentará o seu novo traballo con varios concertos entre os que destaca a actuación de apertura no concerto dos míticos Gwendal nas festas de Ferrol. O disco pódese adquirir polo de agora contactando cos membros do grupo e nas tendas M-4 e Montana de Ferrol.

Máis información en Diario de Ferrol
e no weblog de Norfolk

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Nordés, Concello de Ferrol

Claves

Entidades
Lugares