Nos anos corenta foron os lugares nos que as mulleres de ferrolterra facÃan a colada, pero agora estes espazos renacen cun novo uso. Os antigos lavadoiros son agora os epicentros de novas zonas de recreo infantil. O primeiro exemplo desta nova funcionalidade tivo lugar onte en canido (Ferrol) onde se inaugurou o primeiro lavadoiro reconvertido a cargo do concello. Un modelo que en breve se aplicará a outros lavadoiros como os da parroquia de Mandiá.
Máis información no Diario de Ferrol e El Correo Gallego