O CGAC presenta un programa de actividades que sobrepasan o puramente expositivo

Un CGAC para o verán

Co “Proxecto Edición” o Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) amosou o seu propósito de ser unha institución que explore facetas máis variadas que a meramente expositiva. Esta intención vese claramente en “Arte no parque”, un variado programa de actividades que pretende implicar ao público co centro e co seu espazo máis próximo, o Parque de San Domingos de Bonaval. A apertura da terraza, desde onde se pode divisar unha privilexiada vista da zona monumental de Compostela, un ciclo de cine (xoves de xullo e agosto, ás 22:30 horas) e a colaboración co festival de danza “En pé de pedra”, conforman este programa que durará ata o mes de agosto.

Máis información en El Correo Gallego e La Voz de Galicia