O IGAEM abre unha nova liña de actuación cun servizo de consultora para empresas escénicas e musicais

O IGAEM responde

Asesorar de balde ás empresas artísticas nos eidos laboral, fiscal e contable é o obxectivo dun novo servizo que o Instituto Galego de Artes Escénicas e Musicais ven de activar. O servizo prestarase en colaboración coa cooperativa Algalia e pretende reforzar a posición das empresas musicais e escénicas no panorama cultural a través do asesoramento puntual e telemático sobre as necesidades legais derivadas das distintas areas de xestión económica. A iniciativa tamén permitirá coñecer as carencias máis habituais destas empresas, información a ter en conta para futuras accións formativas. A xestión das consultas farase por correo electrónico e o servizo compleméntase coa comunicación ás empresas das novidades canto á xestión económica, a publicación dos calendarios fiscais e laborais así como a remisión de alertas sobre axudas e subvencións.

Máis información na Xunta de Galicia