"Accións formativas centradas en ámbitos como emprego de novas tecnoloxÃas, internacionalización, capital risco ou xestión empresarial, e tamén en novas áreas de negocio, como a industria dos videoxogos". Esta é a proposta que presentaban este 22 de febreiro a ConsellerÃa de Cultura e mais a Cámara de Comercio de Santiago, que asinaron un convenio de colaboración para desenvolver un programa formativo orientado a empresas culturais. Segundo adiantaron estas institucións, as accións arrincarán en abril e maio con dous programas intensivos centrados en transformación dixital e xestión das empresas culturais e mais en desenvolvemento de videoxogos, respectivamente.
A esta iniciativa seguirán ao longo do ano outras cinco xornadas formativas, nas que se presentarán os programas europeos de apoio ao sector cultural, propostas de apoio á internacionalización ou á implantación de novas tecnoloxÃas e mais ferramentas de financiamento, como o capital risco ou outros recursos. O programa desenvolverase na Cidade da Cultura e as actividades poderán seguirse por videoconferencia. A proposta da continuidade ao servizo de asesoramento que as dúas entidades puxeron en marcha en 2020 como parte das medidas de apoio ao sector por mor da crise provocada pola pandemia de Covid-19, que tamén se mantén en activo.