A EGAP súmase este ano ás Letras Galegas con dúas actividades

LG e EGAP

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
O xornalista, escritor e crítico teatral camilo Franco será o moderador do coloquio sobre o momento actual da literatura galega que terá lugar na Escola Galega de Administración Pública dentro do programa co que esta institución celebra o Día das Letras Galegas. Os tamén escritores Iria López Teijeiro, Diego Ameixeiras e Paula Carballeira serán os outros integrantes da mesa de coloquio do día 16 de maio. Para o día seguinte está prevista unha xeira cultural guiada polo historiador e museólogo Felipe-Senén López polos escenarios nos que se desenvolveu boa parte da vida de Manuel Lugrís Freire. A viaxe é exclusiva para os traballadores das administracións públicas, mentres que o coloquio está aberto a todos os interesados.

Máis información no Programa de actos da EGAP

Que che parece esta nova?
65 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manuel Lugrís, Diego Ameixeiras, Paula Carballeira, Manuel Lugrís Freire...