Dygra film crea un departamento de vendas internacional para comercializar os seus produtos

Visión comercial

28/4/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Desde os últimos anos estase a falar da necesidade de exportar o audiovisual galego. O Consorcio do Audiovisual é unha das entidades que se encarga de promover e difundir os produtos galegos fóra das nosas fronteiras. Pero ademais desta iniciativa, Dygra films acaba de adaptar a súa estrutura a esta nova necesidade. A produtora coruñesa acaba de poñer en marcha un departamento de vendas internacionais desde o que comercializará todos os seus traballos agás, “O Soño dunha noite de san Xoan”, que xestiona con Lumina Filmes.

Máis información en Galicia Hoxe e sobre Dygra Films na súa ficha

Que che parece esta nova?
22 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Dygra, Dygra Films, Galicia Hoxe, Culturagalega...