Empresas do audiovisual galego desenvolven a súa propia tecnoloxía para filmar as súas producións

Audiovisual a medida

17/8/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
“O bosque animado” foi a primeira longametraxe de animación galega. Pero é moito máis ca iso, é tamén unha produción na que Dygra films tivo que desenvolver un software específico para crear a vexetación e os animais. Dygra non é a única empresa galega que deseña as súas propias técnicas, segundo publica hoxe “La Voz de Galicia”, a factoría IBCinema precisaba un aparello que lle permitise gravar as imaxes de xeito especial. Iso foi o que lles levou a poñerse en contacto co Centro de Investigación e Servizos de Ferrol (CIS) e, entre os dous, adaptaron unha máquina industrial ao cine.

Mais información en La Voz de Galicia e sobre o Dygra Films e IB Cinema en AVG

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con AVG, Dygra, Cine, Culturagalega...