Hoxe comeza en Cannes o festival de cine coa proxección do último filme de Wong Kar Wai. A cita francesa desenvolve de xeito paralelo un dos mercados máis destacados de mundo (“Marché du film”) que conta este ano coa presenza da produtora coruñesa Dygra. Esta factorÃa ofrecerá un adianto do seu último filme en tecnoloxÃa 3D “O espÃrito do bosque”. Canda ela, neste mercado tamén se presentará a produción de animación "Berros no corredor", da galega Perro Verde Films e a canaria Producciones Bajo la Lluvia. Unha produción que se estreará de xeito simultáneo o vindeiro 25 de maio nos festivais de Cannes e de Cans.
Consulta a información no web do mercado de Cannes e sobre Dygra en AVG e sobre a estrea de “Berros no corredor” na nosa nova