Dygra Films presenta en Ourense “O soño de San Xoán” e os seus productos de animación

Inédito en Ourense

11/11/2003 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Hai dous anos Dygra acudía ao Festival de Cine de Ourense co seu primeiro proxecto debaixo do brazo. Tratábase de “O bosque animado”, a primeira longametraxe comercial de animación creada en Europa. Hoxe, logo do bo facer colleitado polo producto, presenta “O soño dunha noite de San Xoán”, outra longametraxe que segundo o seu guionista e creador, Miguel Angel de la Cruz, “non é unha adaptación da novela de Shakespeare, senón máis ben unha secuela”. A súa estrea está prevista para a noite de San Xoán de 2005. Pero hai máis proxectos: o máis inmediato é a longametraxe “O club do bosque”, que sairá en vídeo e DVD a principios do ano que vén. Trátase da segunda parte de “O Bosque Animado”, que tamén inspira una serie que comezará a realizarse no 2004 e que se finalizará no 2006. E máis a medio prazo, desde Dygra Films trabállase nunha coproducción cunha empresa danesa, e en cine dixital “Os mortos van ás présas” que será o seu primeiro traballo con imaxe real.

Web oficial de Dygra; ficha de O soño en AVG; ficha de O bosque animado e de Dygra en AVG

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Dygra, AVG, Ourense, San Xoán...