Un obradoiro a cargo de Sex en Ferrol e outro de Kiko da Silva en Compostela achegan novas posibilidades de coñecer a BD

Novas oportunidades para aprender

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Durante a pasada semana María Xosé Mosquera "Sex" estivo a impartir na sede da Fundación Caixa Galicia en Ferrol un obradoiro de BD. Esta actividade, dirixida a nenos de entre oito e doce anos abordou diferentes aspectos da novena arte, desde guionización e a creación de personaxes ata nocións básicas sobre a historia do medio. Os que non puideron asistir a este evento terán outra ocasión de asistir a un obradoiro o vindeiro día 27 de abril. Nesta data a Biblioteca Nova 33 de Santiago acolle unha actividade deste tipo destinada a alumnos de primaria. Será a cargo de Kiko Dasilva, que aproveitará para presentar o seu álbum "Fiz nos biosbardos", editado por Faktoría K de Libros.

Máis información en La Voz de Galicia e no web de BD Banda

Que che parece esta nova?
65 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Obradoiro, Kiko da Silva, Fiz, BD Banda...