O galego é, despois do vasco, o idioma que conta con menos certames literarios

A lingua dos certames

17/4/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Escolle sección
22 lecturas | Compartido 0 veces
A día de hoxe existen trinta e dous certames literarios en galego. Unha cifra que sitúa o galego entre as linguas oficiais do Estado con menor número de convocatorias. É o principal resultado que se tira da “Guía de premios e concursos literarios en España” que contabiliza 1.600 certames con contías que van desde os 300 euros aos 601.000 do Premio Planeta. Esta publicación destaca o acabado de crear Premio Espiral Maior de poesía, como o máis importante do Estado despois do que organiza Loewe. A cifra achégase as convocatorias que difundiu Culturagalega.org no 2005, que ascenden a 39 referencias entre narrativa e poesía.

Máis información na nosa páxina de certames


Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Poesía, Culturagalega, Narrativa, Guía...