A editora FaktorÃa K acaba de anunciar os vindeiro lanzamentos da "Colección BD Banda". Por unha banda, para o vindeiro mes de maio poderemos ler unha escolma de "Vilaverzas", a serie que o ourensán Miguel Robledo desenvolvera na revista "Golfiño". Pola outra, o catalán Josep MarÃa Beroy verá editada unha parte das aventuras dos "Detectives audaces" que publicara no suplemento de prensa "El pequeño PaÃs". Nos dous casos o material xa editado completarase con historias inéditas e unha serie de extras quen inclúen entrevistas cos autores, mostras do seu proceso de traballo e homenaxes doutros debuxantes. As obras tamén se editarán en castelán para fóra de Galicia.
Máis sobre Robledo na súa ficha; máis sobre Beroy na súa web; olla aquà a ilustración para a capa de Vilaverzas; a ilustración para a capa de Beroy