O programa "A banda avanza" leva actividades de BD ás feiras do libro de Pontevedra e da Coruña

BD á feira

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
A feira do libro de Pontevedra e mais a da Coruña contarán dentro das súas actividades con propostas dedicadas á BD. O programa "A banda avanza", organizado pola Consellaría de Cultura e a Asociación BD Banda coa colaboración do Consello da Cultura Galega achegará a estes eventos unha mostra con obras vinte e dous autores do noso país. Ademais, celebraranse obradoiros de introdución á novena arte e mesas redondas a analizar a evolución deste fenómeno en Galicia. Nos mesmos eventos presentaranse os últimos lanzamentos de Faktoría K, os álbums "Detectives audaces", de Josep Beroy, e "Vilaverzas" de Miguel Robledo.

Máis información no web de BD Banda; consulta o díptico da actividade en pdf

Que che parece esta nova?
58 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pontevedra, BD Banda, Feira do Libro, Consello da Cultura Galega