As persoas que se hospeden nas casas rurais terán acceso a unha escolma da nosa literatura

Turistas lectores

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
O programa “Palabra na solaina”, da Consellería de Cultura, distribuirá libros de ensaio, divulgación e literatura nos establecementos de turismo rural para difundir a cultura de Galicia. En cada unha das zonas nas que se faga entrega do lote de libros primarase un autor ou autora relacionado co lugar. No caso de Sarria, lugar onde se presentou o programa, é o escritor Fiz Vergara Vilariño; no caso de Noia, onde se fará proximamente, destacarase a Antón Avilés de Taramancos. Xunto con obras dos autores entréganse 29 libros de información e de divulgación sobre a lingua, a gastronomía, a historia e a cultura galegas; así como 14 obras de poesía, 11 novelas e coleccións de relatos e 3 obras de literatura infantil. Na iniciativa colaboran Turgalicia e A Asociación de Escritores en Lingua Galega, así como entidades locais.

Máis información en Xunta.es

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Literatura, Antón Avilés de Taramancos, Fiz Vergara Vilariño, Avilés de Taramancos...