Sotelo Blanco edita Na maleta e acompáñaa cun estudio sobre o autor

Xurxo Borrazás regresa: Estudio e nova novela

| Redacción.Santiago | Seccións: Escolle sección
Compartir:

O escritor Xurxo Borrazás regresa ás librerías coa novela Na maleta, unha obra que reivindica a busca constante da liberdade cunha linguaxe directa e sinxela. Onda esta novela, a editorial regala un estudio realizado por Inmaculada Otero que analiza as dúas novelas esenciais do escritor: Eu é e Criminal.

A trama

Na maleta conta a hitoria de dous curmáns que viviron unha historia de amor once anos antes do arranque da novela. Na obra coñecémolos como mestra e traballador temporal respectivamente, e a partir desa situación vaise desenvolvendo unha trama de loita contra o destino e de busca de liberdade.

O estudio


O estudio que acompaña a novela, realizado por Inmaculada Otero, analiza as novelas Eu é e Criminal. Segundo a autora, o escritor estabalece nas súas obras un diálogo permanente entre os galegos e outras culturas normalizadas e de prestixio e resolve a tensión xerada dun xeito de prestixio.

Que che parece esta nova?
18 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Sotelo Blanco

Claves

Entidades