Cultura convoca 48 bolsas para mellorar arquivos e bens mobles do patrimonio mentres abre en Compostela o Servizo de Difusión do Patrimonio Cultural

Polo patrimonio de base

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Restaurar fondos documentais, organizar arquivos ou colaborar en museos son algúns do ámbitos que cobren as 48 bolsas que acaba de convocar a Consellaría de Cultura. A elas poderán optar de xeito preferente estudantes de Historia, Historia da Arte, restauración ou Arquivística entre outras disciplinas. Ao tempo, en Compostela preséntase o Servizo de Difusión do Patrimonio Cultural para Centros de Ensino, unha iniciativa divulgativa que xorde do Laboratorio de Arqueoloxía da Paisaxe e que desenvolverá charlas, obradoiros e visitas guiadas para escolares arredor do noso patrimonio.

Máis información no Galicia Hoxe, máis sobre o Laboratorio de Arqueoloxía da Pais en Interea e nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
25 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Arqueoloxía, Paisaxe, Documentais, Museos...