A proposta do noso Patrimonio Inmaterial a Obra Mestra da Humanidade está en mans do xurado da UNESCO e recibe apoio da Xunta

Achegándose ao patrimonio

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
A candidatura a Obra Mestra da Humanidade do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués deu un novo paso logo de superar a avaliación administrativa da UNESCO. Agora está xa entre as propostas que avaliará o xurado internacional que decidirá sobre a designación, que está prevista para o vindeiro vinte e cinco de novembro. Coincidindo con isto, os responsables da proposta entrevistábanse onte coa conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, quen prometeu apoiar este proxecto de xeito “incondicional”, sinalando que “o goberno non fará un seguimento desta candidatura senón que viaxará da man con esta xente”.

Máis información en Galicia Hoxe, en La Voz de Galicia no web da iniciativae nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con UNESCO, Ánxela Bugallo, Portugués, Galicia Hoxe...