O Día do Libro Infantil e Xuvenil deu para moito onte. Por unha banda, en Compostela celebrouse a I Feira do Libro Infantil e Xuvenil no centro comercial Área Central. Ao tempo, Kalandraka presentaba, tamén nesta cidade unha nova edición da súa Campaña de Animación á Lectura. Pero non todo foi festa. O día anterior Xabier P. Docampo, coñecido autor neste sector, denunciou no marco duns encontros sobre dereitos de autor que os editores galegos "abusan" dos autores. Segundo el, son habituais os casos en que non se pagan parte dos dereitos de autor e de manter uns contratos que cualificou de asoballantes.
Máis información en Galicia Hoxe