Os Ancares e O Courel voltan contar cunha poboación de osos permanente

O retorno dos osos

| Santiago. Redacción | Seccións: Medio Ambiente
Compartir:
Hai poucos anos considerábase ocasional a presenza de osos na zonas dos Ancares e do Courel, únicos lugares en Galicia nos que habitaba este animal. No entanto, a Consellaría de Medio Ambiente acaba de anunciar que se está a constatar a presenza estable dunha poboación de entre un e tres machos nesa zona, o que supón o retorno dos plantígrados ao noso país. A pesar de que os exemplares observados semellan ter o seu hábitat habitual na banda galega destes montes, os observadores sinalan que en época de celo hanse trasladar na busca de femias.

Máis información en La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
21 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ancares, Courel, Consellaría de Medio Ambiente, La Voz de Galicia