A Xunta establece catro zonas de protección para o lobo mentres se extingue unha herba nas Illas Atlánticas

Lobos e herbas

| Santiago. Redacción | Seccións: Medio Ambiente
Compartir:
O Plan de Xestión do Lobo da Xunta de Galicia prevé repartir o territorio en catro zonas de protección para este mamífero. Aínda pendentes de definir, a idea é, asegurar supervivencia dos preto de seiscentos exemplares que se manteñen no noso país. Ao tempo que coñecemos novas sobre animal, a Federación Ecoloxista denunciaba esta fin de semana a desaparición da única poboación de "herba agulla" (Erodium Maritimum) que existía no Parque Nacional das Illas Atlánticas. Segundo asegurou este colectivo, a poboación que se mantiña á beira do faro das illas Cíes foi cuberta recentemente con baldosa.

Máis información en La Voz de Galicia, en Galicia Hoxe, e no noso tema sobre o lobo

Que che parece esta nova?
27 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Galicia Hoxe, Xunta de Galicia, Culturagalega, La Voz de Galicia...