As eólicas están de moda. Mentres a ConsellarÃa de Medio Ambiente pretende compatibilizar a promoción das enerxÃas eólicas coa preservación do noso patrimonio natural, o Ministerio de Medio Ambiente deu a coñecer un proxecto polo cal pretende reducir á metade a planificación eólica galega. Relacionado con este tema, a Asociación Forestal de Galicia (Asefoga) acaba de realizar un estudo que evidencia o impacto que causa no medio do Xistral, a implantación de parques eólicos. Segundo esta sociedade, as pistas que se crean para ir aos aeroxeneradores destrozaron turbeiras con especies únicas, aves en perigo de extinción morreron ao estrelarse cos xeneradores e o breixo atlántico está a ser arrasado polo gando que busca especies de pasto.
Máis información en La Voz de Galicia sobre o informe de Asefoga e intención da Xunta de impedir a instalación de parques eólicos en zonas protexidas e no Faro de Vigo sobre o recorte dos plans eólicos e sobre as turbeiras do Xistral no noso tema