A pita do monte está en perigo de extinción. Por iso, a Consellaría de medio Ambiente, en colaboración cos departamentos homólogos doutras comunidades acaba de adoptar unha serie de medidas para evitar a súa desaparición. A iniciativa pretende capturar varios exemplares, que se reproduzan en catividade en dous centros específicos e, cando se teñan un número mínimo de especímenes, devolvelos á liberdade.
Máis información en Xunta e sobre outras iniciativas na nosa hemeroteca