Educación autoriza os 22 programas de posgrao que se implantarán o vindeiro curso académico

As cousas dos estudos

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
O sistema educativo universitario vaise amoldando aos parámetros definidos no Espazo Europeo de Educación Superior. O segundo chanzo deuno onte a Xunta de Galicia, autoridade competente na materia, co decreto que autoriza a implantación de estudos oficiais de posgrao nas tres universidades galegas. O primeiro paso tivo lugar en xaneiro, cando regulou o acceso aos estudos de grao que se irán desenvolvendo de forma progresiva ata o ano 2010. Os primeiros programas de posgrao, publicados no DOG de onte, están pensados para atender ás necesidades socioeconómicas galegas, recollendo materias que van desde o dereito, ata as finanzas, pasando polo turismo e os servizos culturais.

Máis información no Decreto publicado no DOG (en PDF)

Que che parece esta nova?
15 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Educación, Turismo, Xunta de Galicia

Claves

Entidades
Conceptos