As universidades galegas buscan consensuar un modelo de elección de reitores

Pequenas reformas universitarias

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Na orde do día do Consello Galego de Universidades celebrada onte figuraban cuestións tan destacadas como a escolla dun único modelo de elección de reitores ou a presentación dos primeiros vinte e tres mestrados oficiais, acordes co novo mapa definido polo Espazo Europeo de Educación Superior (EEES). No primeiro caso, os representantes das tres universidades e a conselleira de Educación, Laura Sánchez Piñón, acordaron establecer un modelo único para escoller ao novo reitor. O modelo non se aplicará nas eleccións que haberá este ano nas universidades de Coruña e Santiago, e debaterase na Conferencia de Rectores de Universidades Españolas (CRUE) que se desenvolverá mañá mércores en Madrid. Pola outra banda, presentáronse os 23 mestrados oficiais que substituirán algunhas diplomaturas e licenciaturas de acordo co novo sistema que estará en vigor no 2010.

Máis información en El Correo Gallego e no web da Conferencia de Rectores das Universidades Españolas

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Educación, El Correo Gallego, Madrid

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares