Educación subscribe un convenio para revisar o modelo de financiamento actual das universidades

Cartos e investigación

| Santiago. Redacción | Seccións: Escolle sección
Compartir:
A principios de ano, Emilio Pérez Touriño, comprometeuse a incrementar ata o 1% do Produto Interior Bruto os cartos para as universidades. Unha promesa que se concretou onte, cando a consellaría de Educación asinou o documento no que o 1 de xaneiro comezará a revisar o modelo de financiamento. Un aumento que, segundo publica hoxe “El Correo Gallego”, suporá 150 millóns máis para as tres universidades. Ao tempo, a Universidade de Santiago deu a coñecer onte os resultados globais do seu labor investigador no marco da iniciativa Ingenio 2010, para aumentar a masa crítica da innovación, e que se resume na participación universitaria en 17 proxectos de excelencia investigadora.

Máis información en El Correo Gallego sobre o financiamento e excelencia investigadora

Que che parece esta nova?
51 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Educación, El Correo Gallego, Emilio Pérez Touriño, Consellaría de Educación...